Fontao - Galicia

 

VII Romaría Minas da Brea

Taller de Nadal 2012

Na nosa viaxe a Dobków en Decembro aprendimos que facer actividades conxuntas para decorar o local social, une e crea sentimento e orgullo de comunidade, así que á volta organizamos este taller... por primeira vez fixemos un taller interxeneracional.... foi un éxito... a xente quedou con ganas de máis... e o local... monísimo!

 

 

 

 

 Curso de iniciación no manexo de Cámara de Video

Mañáns frías de inverno... con ganas de aprender e traballar, con un bo mestre, Suso Rivas... con alumnos con moita motivación... agora xa sabemos usar a cámara da asociación para grabar os nosos eventos, as nosas entrevistas.... estamos dispoñibles ata para vodas e bautizos :)

    

 

    

 

  

 

 

Semana Cultural de Santa Bárbara

2013

O noso festival de maior repercusión, unha oportunidade clave para poñer en práctica o que aprendimos no proxecto... por unha banda buscamos utilizar o festival como medio de difusión dos documentais que hai sobre Fontao e a historia de Fontao. Un recoñecemento os nosos veciños e unha oportunidade para todos de verse na "gran pantalla" no cine do Poboado, recién rehabilitado, que tantas alegrías lle deu neses tempos... Momentos moi emotivos para todos...

  

A Xornada de Portas Abertas para Escolares

  

Homenaxe ós traballadores da mina. Moitos anos hai que a xente comezou a ser consciente da necesidade de recuperar e protexer a Historia de Fontao... pero algo que nos demos conta con este proxecto... era a necesidade de facer un recoñecemento xeral ós traballadores e traballadoras da mina... porque a mina non foron solo minerios, había barrenistas, pinches, mulleres que traballaban no labadero, estraperlistas, taberneiras, recuperadores, prostituras... quixemos con este acto darlles o seu momento de brillo... Gracias a todos por facer que Fontao sexa o sitio increíble que é!!!  Foi tamén o momento en que lles demos a venvida ós parceiros checos e polacos.

  

  

 

Tradicional "Callada" de Nadal, unha actividade que organizamos á volta de o primeiro encontro en Dobków (12-2012) para poñer en práctica o que aprendemos alá... unha boa comida cos veciños, crea comunidade! E este é o segundo ano... con moita máis afluencia... os sitio quedóusenos pequeno!!!

  

  

  

 

E chegou o día! Chegou a Romería! VIII edición da Romaría Minas da Brea, o graniño de area que a nosa Asociación aportou para a recuperación dunha das festas máis importantes dos tempos do wolfram, a da Santa Bárbara, patroa dos mieniros. Comezamos o día ca Banda Artística de Merza, cos Cabezudos da Bandeira, con Pulpo e carne ó caldeiro.

   

     

Xa  na tarde tivemos a estrea e presentación do documental A LUZ DO NEGRO. O volframio da Brea e o poboado do Fontao do Consello de Cultura Galega dirixido por Encarna Otero con quen colaboramos

   

A festa continuou con xogos para cativos e maiores e con música e baile tradicional!

   

 

    

 

 

Curso de Inglés para Adultos

Despois do encontro en Dobków... eran tantas as ganas de poder comunicarnos mellor.... que decidimos que un cursiño de inglés era unha das nosas necesidades prioritarias... porque os encontros eran de corta duración e tiñamos que poñer todos os nosos medios para aproveitalos ó máximo! Ademáis era unha oportunidade para xuntarnos cos veciños nas frías noites de inverno...

  

  

Taller de Cabezudos

En Dobków escoitamos falar os parceiros checos do seu proxecto de recuperaciónd o entroido de Veselá... pareceunos moi boa idea... e decidimos participar no entroido tradicional da vila de Merza (a 4 km) e poñer o noso graniño de aréa no mantemento desta tradición local... para iso organizamos un taller de cabezudos e.... este foi o resultado:

    

 

    

     

     

E... os mineiros de Fontao  baixamos a Merza... qué ben o pasamos... gañamos premio e todo!

                   

 

   

  

 

   

 

 

Curso de Introducción ós métodos de investigación histórica

Trballamos cos veciños cos métodos e as fontes de investigación histórica para que sexan quen de facer unha entrevista, unha transcripción, conseguir documentación... pero como todas as xornadas anteriores, unha boa ocasión para relacionarnos máis e contribuír a conservación e difusión do patrimonio cultural e histórico de Fontao...