Fontao (GL)

O Poboado Mineiro de Fontao é unha pequena vila de 200 habitantes rodeada de pequenas aldeas cas mesmas características. Pertence ó Concello de Vila de Cruces. Está situado a 45 km de Santiago de Compostela, capital de Galicia e a 150 km de Portugal con quen comparte un pasado cultural e tradicións. Temos dúas linguas oficiais, Galego e Castelán, pero a lingua ca que nos comunicamos diariamente é básicamente o galego.

Pequena Hitoria

Fontao é unha aldea mineira  cuia actividade se remonta a antiguedade, conectada co mito grego e fenicio das Illas Casitérides, que algúns autores sitúan na Galiza. En este periodo de inestabilidad, a través de apoxeos e momentos de baixa actividade. A finais do s. XIX  e a principios do s. XX será cando se inicie un novo e deslumbrante periodo.

Nos anos 30 a demanda do  tungsteno alemán era moi intensa polo que o prezo deo mineral aumentou polo que requería maior esforzo. E neste momento cando Fontao vive o seu momento de esplendor, moito trabllo, cartos e diversión… ademáis de pobres condicións de traballo. Despois da guerra o tungsteno caeu no olvido, non útil por moito tempo… incluso a guerra de Corea abriu unha fiestra á esperanza dunha nova era de esplendor… esto forma prate da construcción do Poboado Mineiro de Fontao, exquisita peza da arquitectura, a cal non puido ser funcional nese momento porque non se cumpriron as expectativas. Pasaron 40 anos de abandono dende o cese da mina ata que finalmente no 2004 viñemos a vivir aquí novos veciños.

Fontao, o Poboado Mineiro, construíuse entre 1955 e 1958. Pronto foi abandonado ante o declive económico da mineria na contorna. Corenta anos despois foi restaurado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo de Galicia, poñendo as casas en alugueiro con dereito a compra. En Xaneiro de 2005 setenta e nove familias comezaron a vivir aquí. Nestes anos, ese número foi en aumento.

Principal Industria

A única industria existente en Fontao é a minería, cuia produción parou fai corenta anos

Principais retos

  • Mellorar o transporte público, necesitamos usar vehículo particular para desplazarnos, cun alto custo económico e medioambiental
  • Necesidade de maior investimento por parte do noso Concello
  • Dificultades de integración social, as vivendas do Poboado son vivendas sociais, a xente vive en condiciósn económicas e sociais moi diferentes y esto convírtese nunha dificutade para as relacións entre a xente que xa vivía aquí e a que chegou nova.

Productos Locais

Panadería

Artesania do coiro e zocos

Patrimonio Local

Temos

Unha Igrexa

Un cine

Un Poboado Mineiro restaurado

Areas recreativas

Xente que son “tesouros viventes”

Unha mina abandoada e un museo mineiro

Actores Principais

Asociación Veciñal Minas da Brea.