Fontao (GL)

Arquivo de Histórico de Fontao

Un arquivo creado polos veciños para facilitar a accesibilidades a bibliografía sobre Fontao, a todo o material audiovisual, ó noso "Arquivo de Historia Oral de Fontao" e ó noso "Arquivo Fotográfico de Fontao", estes dous últimos feitos polos alumnos que adquiriron a formación para entrevistar ós "grandes tesouros" de Fontao, fixeron a transcripción das entrevistas eles mesmos e buscaron fotos inéditas para dotar de fondos ó arquivo.

Gracias a todos polo voso enérxico traballo e por contribuir así a ter unha aldea máis unida, en definitiva

HAPPY VILLAGES!!!

Guión de entrevista base

Dentro do " Curso de Iniciación ás técnicas de Investigación Histórca" que levamos a cabo en Fontao desenrolámos cos asistentes un guión de entrevista accesible cos temas que nos  pareceron máis relevantes de Fontao. Non é un guión creado por profesionais, foron os propios veciños os que decidiron cáles eran as preguntas, qué lagunas quedaban na recuperación da historia de Fontao... quixemos fuxir dos tópicos para adentrarnos nunha entrevista máis cercana e persoal, quixemos saber como era a vida na mina, pero tamén das familias, da comunidade, e tamén profundizar sobre o futbol en Fontao... de gran importancia nos "tempos do wolfram" e que gracias a este proxecto volve a ter importancia como elemento dinamizador da comunidade.

 

Calendario

"Fontao, anos 40,50 e 60"

Podédelo adquirir en "www.minasdabrea.com"

 

Xornada de Portas Abertas para Escolares

Dentro da progrmación da Semana Cultural de Santa Bárbara incluimos esta actividade, un xogo de roll ambientado nos "tempos do wolfram" para acercar ós escolares á historia dunha forma realista... foron quén de por unhas horas poñerse na pel dos mineiros, dos estraperlistas, das mulleres que traballaban na mina, das modistas, da empresa, das taberneiras... e ademáis foron agasallados cunha das testemuñas de Francisco Castaño, un dos nosos tesouros vivos... a quen non dudaron en bombardear a preguntas... Foi un día inolvidable por iso... pero tamén porque foron os propios veciños quenes organizaron a actividade... aportando un novo valor a Fontao... un valor pedagóxico.... As imaxes ilustran o espectacular da xornada... as caras dos nenos o din todo! :) Happy Villages!!!